jueves, 21 de enero de 2021

10. OFICIOS: CANTEIRO, ARRIEIRO, CEGO/A MENDICANTE/A

A maiores das tarefas do campo da comunidade agraria, tanto en aldeas como en cidades existían un montón de oficios, moitos deles desaparecidos. 

Dentro destes oficios, destacamos musicalmente o de ARRIEIRO, CANTEIRO e CEGO/A MENDICANTE/A xa que empregaban o seu cantar para o axudarse no traballo, facerse compaña ou ben como medio de acadar o xornal.

Aquí tendes o enlace ao Power Point explicativo:

9. CANTOS de OFICIOS ou GREMIOS. CANTEIRO, ARRIEIRO, CEGO/A MENDICANTE/A

E tamén algunhas audicións como exemplo:

Audición de CANTARES de OFICIO ou GREMIOS




jueves, 17 de diciembre de 2020

9. OS MAIOS. Introdución, orixe, características, escenificacións, personaxes

Adiantámonos no calendario para falar dunha celebración moi importante dentro do calendario agrario anual; OS MAIOS

Todalas festividades que fumos vendo dende o 21 de decembro, como comentabamos nas clases anteriores, teñen que ver en maior ou menor medida coa volta do sol e o crecemento dos días. 

Voltamos outra vez aos meses do ano de máis traballo no campo e hai que preparalo para comezar a sementar os productos que precisamos para o resto do ano.

O primeiro que se fará é preparar os regos onde botar a semente e, para iso, na provincia de Pontevedra (do que temos constancia) facían o que se chamaban as Añas. 

O traballo das Añas é un traballo de Axuda Mútua, onde os veciños se botan unha man mutuamente a cambio da reciprocidade do traballo e contando coa merenda posterior. Este tipo de traballos adoitábanse facer en abril.

Unha Aña ten varios significados: por un lado sería o propio traballo de realizar os regos, por duas cuadrillas de persoas que encontradas e comezando cada unha nun extremo da eira (cabeceiro) ía facendo surcos co sacho (ou legón) ata chegar o final do campo. A modo de "concurso", quen chegase primeiro facendo os surcos gañaba a "Aña" que era a licencia de poder bailar (na propia eira) coas mulleres que quixera. As mulleres deixaban os panos a secar nun ramallo, quedando este engalanado e collían unha pedra para petar no sacho a modo de instrumento de percusión para acompañarse cantando unha muiñeira. Esta muiñeira tamén ten o nome de Aña e as súas coplas fan referencia precisamente ao traballo e ao gañador. Namentres, o home que chegou primeiro colle o ramallo engalanado e vai sacando a bailar en cada copla as mulleres que prefira.

Á volta do traballo, os veciños xúntanse na casa dos donos da eira ser convidados a unha merenda. Non faltaran loas aos anfitrións en modo de canción (Cantos de Merenda do mes de abril) e, por suposto, bailes, comida e diversión.

Aquí tendes un enlace onde aparecen músicas das Labradas e Añas:

Labradas e Añas. Audicións

E o rematar Abril, chegarían todas aquelas festividades relacionadas co mes de maio. Son moitas as manifestacións sobre este tema en particular, non só en Galicia senón en Europa e en moitas partes o mundo onde se produce este cambio de estación.

Este é o enlace ao PPT dos Maios

9. OS MAIOS. Introdución, orixe, características, escenificacións, personaxes

Máis imaxes e música para ilustrar o tema

Imaxes antigas sobre os Maios

Músicas dos Maios

E, para rematar, enlazo tamén un pequeno vídeo documental do traballo de escenificación dos "MAIOS" que desenrola tódolos anos a Asociación do Casco Vello de Vigo

Documental. Os Maios do Casco Vello de Vigo







jueves, 3 de diciembre de 2020

8. O ENTROIDO. Orixe, características, personaxes, calendario e exemplos

 O Antroido (entroido ou carnaval) é unha das celebracións do ano máis sonadas na nosa comunidade e que se manteu (nalgúns sitios máis que noutros) a pesar das vicisitudes históricas. 

Falaremos da posible orixe e características. Sobran as variantes e representacións en canto a personaxes e expresións varias.

É unha das primeiras celebracións do ano e ten ligazón coa volta ao sol e ao crecemento dos días. 

Aquí tendes un Ppt explicativo deste tema fascinante

8. O ENTROIDO. Orixe, características, personaxes, calendario e exemplos

E aquí un artigo e máis unha serie de audicións

Artigo. As vellas do Entroido

Audicións. Entroido




jueves, 26 de noviembre de 2020

7. O NADAL. Tradicións e cantares

 Chega un momento importante do ano, cheo de festividades e tradicións. Imos facer un repaso polos costumes en Galicia nestas datas (algúns coñecidos, outros non tanto) e, de paso, adentrarnos no repertorio  musical de Nadal e as súas características.

Aquí tendes o enlace:

7. O NADAL. Tradicións e cantares

Cantos de Nadal. Audicións

Déixovos tamén un par de artigos interesantes:

Tradicións de Nadal e Reis en Navia de Suarna

Manual de Nadal: Ritos e tradicións para vivir un Nadal á galega




jueves, 19 de noviembre de 2020

6. OS FIADEIROS. O traballo do liño e as reunións de inverno

 Falaremos neste tema dun arduo e importante traballo para a creación de teas; o traballo do liño, dende a sementeira ata o fiado. E, precisamente, esta última etapa do traballo da lugar a xuntanzas onde se mestura as labouras co lecer, a música, a danza e os amores.

Aquí tendes o enlace ao tema:

6. OS FIADEIROS. O traballo do liño e as reunións de inverno

E aquí os enlaces dunha reportaxe estupenda sobre o liño:

Reportaxe do liño. Parte 1

Reportaxe do liño. Parte 2

Gravacións de traballo de investigación en Laxoso (Ponte Caldelas)

Preparación dun serán

Chamada de serán




jueves, 12 de noviembre de 2020

5. A VIDA AGRARIA EN GALICIA. Tipos de traballo e a súa distribución.

 Neste tema faremos por adentrarnos no día a día, semana a semana e mes a mes do que era a vida no comunitarismo agrario, xa prácticamente esmorecido. Veremos os diferentes tipos de traballos e a súa distribución nos diferentes membros dunha familia; os seus roles e tarefas asociadas. 

Tamén a forma de compensación dos diferentes traballos e a ligazón clara coa forma de conducta e protocolos sociais e convencionalismos.

Aquí tendes o enlace para acceder ao PPT:

5. A VIDA AGRARIA EN GALICIA. 

E aquí tendes un pequeno esquema do que podería ser o ciclo agrario anual

Ciclo agrario anual

Imaxes de traballos asalariados de mulleres




jueves, 29 de octubre de 2020

4. MES DE SANTOS: DEFUNTOS, SAMAÍN, CASTANA, MAGOSTO, MATANZAS


Seguimos co tempo da recolleita do ciclo anual. O outono vai marcando o tempo de recollerse na casa, de estar coa familia. O tempo de descanso despois do traballado no campo entre a primavera e o verán. Os días vanse facendo máis curtiños, achégase o frío e o lume faise protagonista no fogar.

O inicio de novembro é unha data importante do noso calendario. Neste mes de "santos" fanse varias celebracións que fala da unión familiar e comunal e tamén de determinados produtos da época: castaña, viño e carne de porco. Relacionadas con estes festexos hai varias tradicións que definen en gran medida a nosa cultura e sentir comunal.

Aquí tendes o enlace a este tema tan interesante

4. Mes de Santos