jueves, 17 de diciembre de 2020

9. OS MAIOS. Introdución, orixe, características, escenificacións, personaxes

Adiantámonos no calendario para falar dunha celebración moi importante dentro do calendario agrario anual; OS MAIOS

Todalas festividades que fumos vendo dende o 21 de decembro, como comentabamos nas clases anteriores, teñen que ver en maior ou menor medida coa volta do sol e o crecemento dos días. 

Voltamos outra vez aos meses do ano de máis traballo no campo e hai que preparalo para comezar a sementar os productos que precisamos para o resto do ano.

O primeiro que se fará é preparar os regos onde botar a semente e, para iso, na provincia de Pontevedra (do que temos constancia) facían o que se chamaban as Añas. 

O traballo das Añas é un traballo de Axuda Mútua, onde os veciños se botan unha man mutuamente a cambio da reciprocidade do traballo e contando coa merenda posterior. Este tipo de traballos adoitábanse facer en abril.

Unha Aña ten varios significados: por un lado sería o propio traballo de realizar os regos, por duas cuadrillas de persoas que encontradas e comezando cada unha nun extremo da eira (cabeceiro) ía facendo surcos co sacho (ou legón) ata chegar o final do campo. A modo de "concurso", quen chegase primeiro facendo os surcos gañaba a "Aña" que era a licencia de poder bailar (na propia eira) coas mulleres que quixera. As mulleres deixaban os panos a secar nun ramallo, quedando este engalanado e collían unha pedra para petar no sacho a modo de instrumento de percusión para acompañarse cantando unha muiñeira. Esta muiñeira tamén ten o nome de Aña e as súas coplas fan referencia precisamente ao traballo e ao gañador. Namentres, o home que chegou primeiro colle o ramallo engalanado e vai sacando a bailar en cada copla as mulleres que prefira.

Á volta do traballo, os veciños xúntanse na casa dos donos da eira ser convidados a unha merenda. Non faltaran loas aos anfitrións en modo de canción (Cantos de Merenda do mes de abril) e, por suposto, bailes, comida e diversión.

Aquí tendes un enlace onde aparecen músicas das Labradas e Añas:

Labradas e Añas. Audicións

E o rematar Abril, chegarían todas aquelas festividades relacionadas co mes de maio. Son moitas as manifestacións sobre este tema en particular, non só en Galicia senón en Europa e en moitas partes o mundo onde se produce este cambio de estación.

Este é o enlace ao PPT dos Maios

9. OS MAIOS. Introdución, orixe, características, escenificacións, personaxes

Máis imaxes e música para ilustrar o tema

Imaxes antigas sobre os Maios

Músicas dos Maios

E, para rematar, enlazo tamén un pequeno vídeo documental do traballo de escenificación dos "MAIOS" que desenrola tódolos anos a Asociación do Casco Vello de Vigo

Documental. Os Maios do Casco Vello de Vigo







No hay comentarios:

Publicar un comentario