jueves, 21 de enero de 2021

10. OFICIOS: CANTEIRO, ARRIEIRO, CEGO/A MENDICANTE/A

A maiores das tarefas do campo da comunidade agraria, tanto en aldeas como en cidades existían un montón de oficios, moitos deles desaparecidos. 

Dentro destes oficios, destacamos musicalmente o de ARRIEIRO, CANTEIRO e CEGO/A MENDICANTE/A xa que empregaban o seu cantar para o axudarse no traballo, facerse compaña ou ben como medio de acadar o xornal.

Aquí tendes o enlace ao Power Point explicativo:

9. CANTOS de OFICIOS ou GREMIOS. CANTEIRO, ARRIEIRO, CEGO/A MENDICANTE/A

E tamén algunhas audicións como exemplo:

Audición de CANTARES de OFICIO ou GREMIOS




Enlace para a clase de Tradición e Ciclo Anual do día 27 de xaneiro de 2021

Aquí tendes o enlace:

Tema: Clase de Tradición e Ciclo Anual 

Hora: 27 ene. 2021 08:10 p. m. Madrid


Unirse a la reunión Zoom

https://us05web.zoom.us/j/87693217404?pwd=KytQLytML3lpYUJGTVcvUWxZQi8xUT09


ID de reunión: 876 9321 7404

Código de acceso: 3eW5SL


jueves, 14 de enero de 2021

Enlace para a clase de Tradición e Ciclo ANual do 20 de xaneiro de 2021

Aquí tendes o enlace:

Tema: Clase de Tradición e Ciclo Anual

Hora: 20 ene. 2021 08:10 p. m. Madrid


Unirse a la reunión Zoom

https://us05web.zoom.us/j/89320324647?pwd=MkZnUUM0YTRucDV4eHlzR2Y5dDlSdz09


ID de reunión: 893 2032 4647

Código de acceso: 6N4GcQ


jueves, 17 de diciembre de 2020

9. OS MAIOS. Introdución, orixe, características, escenificacións, personaxes

Adiantámonos no calendario para falar dunha celebración moi importante dentro do calendario agrario anual; OS MAIOS

Todalas festividades que fumos vendo dende o 21 de decembro, como comentabamos nas clases anteriores, teñen que ver en maior ou menor medida coa volta do sol e o crecemento dos días. 

Voltamos outra vez aos meses do ano de máis traballo no campo e hai que preparalo para comezar a sementar os productos que precisamos para o resto do ano.

O primeiro que se fará é preparar os regos onde botar a semente e, para iso, na provincia de Pontevedra (do que temos constancia) facían o que se chamaban as Añas. 

O traballo das Añas é un traballo de Axuda Mútua, onde os veciños se botan unha man mutuamente a cambio da reciprocidade do traballo e contando coa merenda posterior. Este tipo de traballos adoitábanse facer en abril.

Unha Aña ten varios significados: por un lado sería o propio traballo de realizar os regos, por duas cuadrillas de persoas que encontradas e comezando cada unha nun extremo da eira (cabeceiro) ía facendo surcos co sacho (ou legón) ata chegar o final do campo. A modo de "concurso", quen chegase primeiro facendo os surcos gañaba a "Aña" que era a licencia de poder bailar (na propia eira) coas mulleres que quixera. As mulleres deixaban os panos a secar nun ramallo, quedando este engalanado e collían unha pedra para petar no sacho a modo de instrumento de percusión para acompañarse cantando unha muiñeira. Esta muiñeira tamén ten o nome de Aña e as súas coplas fan referencia precisamente ao traballo e ao gañador. Namentres, o home que chegou primeiro colle o ramallo engalanado e vai sacando a bailar en cada copla as mulleres que prefira.

Á volta do traballo, os veciños xúntanse na casa dos donos da eira ser convidados a unha merenda. Non faltaran loas aos anfitrións en modo de canción (Cantos de Merenda do mes de abril) e, por suposto, bailes, comida e diversión.

Aquí tendes un enlace onde aparecen músicas das Labradas e Añas:

Labradas e Añas. Audicións

E o rematar Abril, chegarían todas aquelas festividades relacionadas co mes de maio. Son moitas as manifestacións sobre este tema en particular, non só en Galicia senón en Europa e en moitas partes o mundo onde se produce este cambio de estación.

Este é o enlace ao PPT dos Maios

9. OS MAIOS. Introdución, orixe, características, escenificacións, personaxes

Máis imaxes e música para ilustrar o tema

Imaxes antigas sobre os Maios

Músicas dos Maios

E, para rematar, enlazo tamén un pequeno vídeo documental do traballo de escenificación dos "MAIOS" que desenrola todolos anos a Asociación do Casco Vello de Vigo

Documental. Os Maios do Casco Vello de Vigo







Enlace para a clase de Tradición e Ciclo Anual do 13 de xaneiro de 2020

FELIZ ANO (por fin ... e crucemos os dedos)

Aquí tendes o enlace para a clase


Tema: Clase de Tradición e Ciclo Anual 

Hora: 13 ene. 2021 08:10 p. m. Madrid


Unirse a la reunión Zoom

https://us05web.zoom.us/j/81048638432?pwd=a2lkZEQ2bVB1UDNCWVRNNmU0cDMzZz09


ID de reunión: 810 4863 8432

Código de acceso: 4qDi13


jueves, 10 de diciembre de 2020

Enlace para a clase de Tradición e Ciclo Anual do 16 de decembro de 2020

 Aquí tendes o enlace

Tema: CLase de Tradición e Ciclo Anual

Hora: 16 dic. 2020 08:10 p. m. Madrid


Unirse a la reunión Zoom

https://us05web.zoom.us/j/82516427573?pwd=MFQreFZOVkR4QmV6eUhJYnlVaW5zZz09


ID de reunión: 825 1642 7573

Código de acceso: 3i9rnm


jueves, 3 de diciembre de 2020

8. O ENTROIDO. Orixe, características, personaxes, calendario e exemplos

 O Antroido (entroido ou carnaval) é unha das celebracións do ano máis sonadas na nosa comunidade e que se manteu (nalgúns sitios máis que noutros) a pesar das vicisitudes históricas. 

Falaremos da posible orixe e características. Sobran as variantes e representacións en canto a personaxes e expresións varias.

É unha das primeiras celebracións do ano e ten ligazón coa volta ao sol e ao crecemento dos días. 

Aquí tendes un Ppt explicativo deste tema fascinante

8. O ENTROIDO. Orixe, características, personaxes, calendario e exemplos

E aquí un artigo e máis unha serie de audicións

Artigo. As vellas do Entroido

Audicións. Entroido